Javi Lopa

Produción

Ola! Son Javi Lopa e son produtor de audiovisuais e espectáculos de artes escénicas.

Gradueime en Comunicación Audiovisual e formeime no Master de Xestión e Dirección de Empresas Audiovisuais. Desde entón, levo máis de 10 anos no sector, coordinando e dirixindo máis de 60 proxectos entre curtametraxes, series, programas de televisión, spots publicitarios, espectáculos teatrais, festivais e longametraxes.

Traballo como director de produción e xefe de produción. Se tes un proxecto en mente e pensas que podo axudarte a poñelo en marcha, escríbeme e falamos!

ola@javilopa.gal
881 946 972